Inicio
Galego
Principal
 

Bienvenida

 Saludo
 Situación
 Como llegar?
Dep. Cultura
 Cultura
 Deporte
 Educación
Historia
 Villa histórica
 Casco histórico
 Escudo
Monumentos
 Petroglifos
 Iglesias
 Capillas
 Convento
 Molino Mareas
 Patrimonio
Naturaleza
 Riqueza natural
 Playas
 Monte Louro
 Isla Creba
Agenda
 Empresas
Contacto

 

ANUNCIO

O Concello de Muros anuncia a convocatoria do proceso de selección de dous auxiliares de Policía Local mediante contrato de duración determinada.

O sistema de selección será mediante o procedemento de oposición libre.

Os interesados en participar no proceso selectivo deberán presentar a solicitude dirixida a alcaldesa do Concello de Muros no prazo de dez días a contar dende o día seguinte a publicación desta anuncio no xornal.

 

Anuncio - Bases - Modelo solicitude

Acta 1

 


TEATRO

TEATRO DO MORCEGO

“PRESIDENTE”

SÁBADO, 22 DE ABRIL, 21:30 H.
CENTRO CULTURAL DE MUROS

Espectáculo incluído na Rede Galega de Teatros e Auditorios
Entradas, 3,50 €. Reserva e venda anticipada nas oficinas do centro cultural de Muros.

 

ANUNCIO

Programa de educación ambiental “O Lixo Desde o Teu Concello”

O Concello de Muros participa no Programa de educación ambiental “O Lixo Desde o Teu Concello” que realiza de xeito gratuíto a asociación ecoloxista ADEGA nos concellos da Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza. A finalidade do Programa é dar a coñecer o Plano de Residuos da Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza á súa cidadanía, expoñendo as vantaxes dun modelo de xestión baseado na reciclaxe e na compostaxe da materia orgánica. Durante as charlas e obradoiros incídese nas actitudes e prácticas dos veciños e veciñas destes concellos para que na súa vida cotiá separen ecoloxicamente os residuos, e comprendan a importancia de tal acción en miras de achegarnos a un estilo de vida máis sustentable.

Poden solicitarse obradoiros e/ou charlas para público infantil ou adulto e poden pedilos asociacións culturais, asociacións de mulleres rurais, comunidades de veciños, empresas, etc.

Para máis información:
Axencia local de sostibilidade
sostibilidade@muros.es; sonia.lago@muros.gal
981826050, ext 120

[Programa de Acción Educativa - Adultos] | [Programa de Acción Educativa]

 

 

ANUNCIO

O Concello de Muros anuncia a convocatoria para Elaboración dunha
lista para a contratación de AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR.

O sistema de selección dos aspirantes será de concurso-oposición.

Os interesados/as en participar no proceso selectivo deberán facelo
constar mediante instancia dirixida á Alcaldesa do Concello de Muros,
xunto coa documentación que establecen as bases.

O prazo para a presentación de instancias remata o día 20 de
febreiro de 2017

Anuncio - Bases - Modelo solicitude -

Acta 1- Lista definitiva de admitidos e excluídos

Acta 3 - Acta 4 - Acta 5 - Acta 6

 

 

EXPOSICIÓN

16ª EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA
CLUB RAZA CAN DE PALLEIRO
RAZA AUTÓCTONA GALEGA

No Muíño de Mareas do Pozo do Cachón
Do 7 ao 27 de abril de 2017

De martes a venres de 10.00 a 14.00 h e de 16.30 a 19.00 h e sábado de 10.00 a 15.30 h

 


CINE

“A PALABRA XUSTA”

Centro cultural de Muros
Sábado 8 de abril, 21:30 h.

 

 

ANUNCIO

O Concello de Muros anuncia a convocatoria do proceso de selección dun Guía turístico/a e informadores turísticos mediante contrato de duración determinada.

Para participar neste proceso selectivo, deberase presentar a solicitude xunto coa documentación requirida nas bases no rexistro do Concello.

O prazo para presentación de solicitudes rematará o día 25 de abril de 2017.

 

Anuncio - Bases - Modelo solicitude

 

 

ANUNCIO

O Concello de Muros anuncia a convocatoria do proceso de selección dun monitor socorrista para a piscina municipal mediante contrato de duración determinada.

Para participar neste proceso selectivo, deberase presentar a solicitude xunto coa documentación requirida nas bases no rexistro do Concello.

O prazo para presentación de solicitudes rematará o día 25 de abril de 2017.

 

Anuncio - Bases - Modelo solicitude

 

 

ANUNCIO

O Concello de Muros anuncia a convocatoria do proceso de selección de persoal para a limpeza de praias mediante contrato de duración determinada.

Para participar neste proceso selectivo, deberase presentar a solicitude xunto coa documentación requirida nas bases no rexistro do Concello.

O prazo para presentación de solicitudes rematará o día 25 de abril de 2017.

Anuncio - Bases - Modelo solicitude

 

 

ANUNCIO

O Concello de Muros anuncia a convocatoria do proceso de selección para a contratación para BRIGADA DE INCENDIOS de dous capataces, dous peóns condutores e seis peóns.

Para participar neste proceso selectivo, deberase presentar a solicitude xunto coa documentación requirida nas bases no rexistro do Concello.

O prazo para presentación de solicitudes rematará o día 25 de abril de 2017.

Anuncio - Bases - Modelo solicitude

 

 

ANUNCIO

O Concello de Muros anuncia a convocatoria do proceso de selección de peóns de obras públicas mediante contrato de duración determinada.

Para participar neste proceso selectivo, deberase presentar a solicitude xunto coa documentación requirida nas bases no rexistro do Concello.

O prazo para presentación de solicitudes rematará o día 25 de abril de 2017.

Anuncio - Bases - Modelo solicitude

 

 

NOTA INFORMATIVA

APERTURA DE PRAZO DE INSCRICIÓN EN DIVERSAS LISTAXES DO SERGAS
O concello de Muros informa de que o 24 de marzo de 2017 publícase no DOG a resolución pola que se inicia o prazo para a inscrición das persoas interesadas nas listas de aspirantes para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.
As categorías para as que se abre o prazo son:

  • Telefonista.
  • Albañil.
  • Carpinteiro/a.
  • Costureiro/a.
  • Perruqueiro/a.

As persoas aspirantes deberán posuir, alomenos, unha das titulacións indicadas:

  • Graduado escolar.
  • Graduado/a en ESO ou equivalente.
  • Título de técnico (formación profesional de grao medio).

A formalización das solicitudes de inscripción efectuarana as persoas interesadas a través do currículo profesional habilitado electronicamente (FIDES/Expedient-e/ Sección de Procesos) ó cal se accederá a través da páxina web (www.sergas.es)

Prazo de inscrición: Poderanse formalizar as solicitudes desde o día 25 de marzo ó 25 de abril de 2017, ambos incluídos. Os méritos computables serán os causados ata o 10 de abril de 2017 e que consten acreditados na data límite de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
Unha vez xeradas as primeiras listas, a inscrición será aberta e permanente. De rexistrar a inscrición no Expediente Electrónico con posterioridade ao 25 de abril de 2017, o/a aspirante figurará na seguinte xeración de listas que se efectúe nas respectivas categorías.
A solicitude de inscripción nunha categoría será incompatible coa solicitude de inscripción en calquera outra categoría.

  • Para máis información:

Enlace ó DOG: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170324/AnuncioG0003-210317-0001_gl.html


Ou contactar coa orientadora laboral
Curro da Praza nº 1 (Muros)
Teléfono: 981 826 050, ext 101
Atención ó público: Luns e martes

 


TEATRO

P.T. EXCÉNTRICAS

“A CABEZA DO DRAGÓN”

SÁBADO 1 DE ABRIL, 21:30 H.
CENTRO CULTURAL DE MUROS

Incluído na Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Entradas, 5 €, xa a venda nas oficinas do centro cultural.

 

 

NOTA INFORMATIVA

Modelos para que, tanto particulares como entidades, poidan reclamar ao Ministerio de xusticia que revoque a medida adoptada mediante o Real Decreto 195/2017 pola que o Rexistro da propiedade de Muros pasaría a depender do de Corcubión.

[Modelo escrito Ministerio Xustiza (particulares)]

[Modelo escrito Ministerio Xustiza (entidades)]

 


ENTREGA DE PREMIOS

CONCURSO RECICLAXE DE ACEITE VEXETAL USADO “RECICLAR NO MERCADO”

LUGAR: MERCADO MUNICIPAL
DÍA: VENRES, 24 DE MARZO
HORA: 11.30 h

AMENIZADO POLOS REGUEIFEIROS PINTO DE HERBÓN E LUIS O CARUNCHO

 


ESPECTÁCULO MÚSICO-TEATRAL

PACO NOGUEIRAS

“BRINCA VAI!”

SÁBADO 25 DE MARZO, 18:00 H
CENTRO CULTURAL DE MUROS

DIRIXIDO A PÚBLICO INFANTIL E FAMILIAR
Entradas 2,50 €, reserva e venda anticipada nas oficinas do centro cultural de Muros.
Espectáculo incluído na RGTA.

 


CINE

“SICIXIA”

Sábado 18 de marzo, 21:30 h.
CENTRO CULTURAL DE MUROS

Non recomendada para menores de 12 anos.
Entradas 3 €.
Reserva e venda anticipada nas oficinas do centro cultural de Muros.

 

 

NOTA INFORMATIVA

O concello de Muros informa da publicación no DOG do 13 de marzo da orde que regula as liñas de axuda para o emprego autónomo.

O Programa I ten por obxecto a concesión dunha axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo da súa actividade laboral. Serán beneficiarias deste programaaquelas persoas que causen alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, entre o 1 de outubro de 2016 e o 30 de setembro de 2017, ambos inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación.

O Programa II ten por obxecto fixar as bases reguladoras e convocar, para o ano 2017, os incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia. Serán beneficiarias desta medida as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade e pola segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido nos tres primeiros anos de actividade. ) A solicitude de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2016 e a data da publicación desta orde deberanse presentar no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación da orde. As contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberanse solicitar ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida pola cal se solicita subvención.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de setembro de 2017

Máis información: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170313/AnuncioG0424-010317-0005_gl.pdf

 

 

ANUNCIO

Convocatorias de pagamento de xustiprecio, que se corresponden cos expedientes de expropiación forzosa por mor das obras:

"Acondicionamento da estrada AC-400 (antiga AC-403 Muros- Santa Comba) treito Muros- Paxareiras"

"Proxecto de trazado e construción da obra Plan Galicia acondicionamento da AC-550 - treito Muros- Noia"

Convocase aos propietarios que aparecen na relación adxunta para os días 14, 15 e 16 de marzo de 9:30 a 11:30 h na casa do Concello de Muros.

[Relación de propietarios AC400 - treito Muros - Paxareiras]

[Relación de propietarios AC550 - treito Muros - Noia]

 

 

NOTA INFORMATIVA

Desde o departamento de Medio Ambiente do Concello de Muros queremos informarlles de que no DOG nº. 43, publicado o 2 de marzo de 2017, saen publicadas as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa destinadas a particulares que convoca o Instituto enerxético de Galicia.

BENEFICIARIOS
Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas de dereito privado, propietarias ou titulares de calquera dereito sobre inmobles de dereito residencial, comunidades ou mancomunidades de veciños, sempre que as actuacións subvencionables descritas no artigo 3 se realicen en vivendas ou edificios do sector residencial sitas na Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, as agrupacións de persoas físicas, privadas sen personalidade; estas non poderán disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

OBXECTO
O obxecto destas subvencións é apoiar proxectos promovidos polos particulares e as súas agrupacións e asociacións con fins de aforro enerxético e fomento do uso das ener­xías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante equipamentos que utilicen biomasa como combustible.

[+ Información] - [DOG nº. 21]

 


TEATRO

ADREDE DA CONMEMORACIÓN DO DÍA DA MULLER

BUTACAZERO

“VOAXA E CARMÍN”

SÁBADO, 11 DE MARZO, 21:30 H.
CENTRO CULTURAL DE MUROS

Entradas, 3,50 €, xa a venda nas oficinas do centro cultural.
Espectáculo incluído na RGTA.

 


MUSICAL

AVENTO PRODUCIÓNS

“O MAGO DE OZ”

SÁBADO 4, ÁS 18:00 H
CENTRO CULTURAL DE MUROS

Público Familiar

Incluído na Rede Galega de Teatros e Auditorios
Entradas 2,50 euros.
Reserva e venda anticipada nas oficinas do centro cultural de Muros.

 

 

PROGRAMACIÓN

ENTROIDO 2017

VENRES 24/02/2017:
17:00 h - FESTA INFANTIL DE DISFRACES EN LOURO. Colaboran ANPA Agra de Filgueira e SC Monte Louro

SÁBADO 25/02/2017:
17:00 h - FESTA INFANTIL DE DISFRACES EN ABELLEIRA.
Coorganiza A.C. A Ponte vella e A.VV. A Ostreira
23:00 h – FESTA DE ENTROIDO, Curro da praza, Muros. Organiza Asociación Praia do Castelo

DOMINGO 26/02/2017. MUROS:
17:00 h - CONCURSO DE COMPARSAS

Premios:
Categoría GRUPOS: 500 € - 250 € - 125 €
Categoría COMPARSAS: 1.500 € - 700 € - 300 € - 150 €
ACTUACIÓN DA CHARANGA A SANTA COMPAÑA

LUNS 27/02/2017:
17:00 h - FESTA INFANTIL DE DISFRACES EN ESTEIRO.
Colabora ANPA de Esteiro
17:00 h - FESTA INFANTIL DE DISFRACES EN SERRES.

MARTES 28/02/2017:
17:00 h - FESTA INFANTIL DE DISFRACES EN TOREA.
Colaboran veciños de Torea

MÉRCORES 01/03/2017. MUROS:
19:00 h - ENTERRO DO FACUNDO.
Coa colaboración da Asociación Os do Casco e colaboración e actuación da BANDA DE CORNETAS E TAMBORES CALLEIRA

VENRES 03/03/2017:
18:00 h – FESTA DE DISFRACES BIBLIOTECA DE MUROS
en San Xosé

DOMINGO 05/03/2017:
17:00 h - FESTA INFANTIL DE DISFRACES EN TAL.
Coorganiza A.C. Careca

 

 

ANUNCIO

Convocatoria de subvencións municipais para realización de actividades culturais e deportivas no ano 2017.

Prazo do 1 ao 31 de marzo.

- Convocatoria das subvencións dirixidas a entidades para a realización de actividades culturais no ano 2017.

[BASES] + [SOLICITUDE]

- Convocatoria das subvencións dirixidas a clubs e a entidades para a realización de actividades deportivas no ano 2017.

[BASES] + [SOLICITUDE]

- Convocatoria de bolsas para deportistas do concello de muros para o ano 2017.

[BASES] + [SOLICITUDE]

 

 

NOTA INFORMATIVA

Desde o departamento de Medio Ambiente do Concello de Muros queremos informar á veciñanza de que no DOG nº. 21, do día 31 de xaneiro de 2017, aparecen as bases para a concesión de subvencións relativa ao PLAN RENOVE DE FIESTRAS, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2017.

BENEFICIARIOS:

Persoas físicas propietarias ou titulares de calquera dereito sobre vivendas de uso residencial e comunidades ou mancomunidades de veciños, sempre que a actuación subvencionable se realice en inmobles sitos na Comunidade Autónoma de Galicia.

OBXECTO:

Subvencionar a rehabilitación dos ocos acristalados da fachada, tanto no referente ao acristalamento como aos marcos ou perfís, co fin de acadar melloras significativas na demanda enerxética do edificio e os conseguintes aforros en termos económicos, así como para a selección de entidades colaboradoras que participan na súa xestión.

[NOTA INFORMATIVA] - [DOG nº. 21]

Empresas adheridas ao PLAN RENOVE FIESTRAS 2017

 

 

ANUNCIO

O Concello de Muros anuncia a convocatoria do proceso de selección para a elaboración dunha lista de limpeza e conserxería.

O prazo para a presentación das solicitudes rematará o día
16 de decembro de 2016.

 

Anuncio - Bases - Modelo solicitude -

Acta 1 - Acta 2 - Acta 3 + [Preguntas e respostas]

- Acta 4 - Acta 5

 


CONCERTO

RONDALLA DE AGUIÑO

SÁBADO, 18 DE FEBREIRO, 18:30 H.
CENTRO CULTURAL DE MUROS

Organiza ESMU municipal de Muros
ENTRADA DE BALDE

 

 

ANUNCIO

Cursos para obtención de certificados de profesionalidade en Socorrismo Acuático

A Deputación da Coruña organiza os seguintes cursos para obter os certificados de profesinalidade de:

- AFDP0209 SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS_ 428 HORAS (348 formación teórica e 80 formación práctica)

- AFDP0109 SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS_ 378 HORAS (298 formación teórica e 80 formación práctica)

A formación terá lugar nas instalacións da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia (FESSGA) en A Coruña, rúa Gambrinus nº 151, nave 3, de luns a venres e a razón de 6 horas diarias (informaráse da modalidade de turno mañán/tarde según sexa zona Santiago ou zona Ferrol) e as prácticas profesionais non laborais, en praias de concellos da provincia. Primeiro desenvolverase a formación en espazos naturais e logo da tempada de praias, previsiblemente en outubro, desenvolverase a formación en instalacións acuáticas.

Prazas: 5 prazas por concello, que se asignarán por riguroso orde de inscrición sempre que se achegue a documentación requirida.

Inscrición: As persoas interesadas deberán acudir á orientadora laboral do concello para cubrir o formulario de inscrición e achegar un certificado/informe de saúde recente onde se acredite o cumprimento das capacidades físico-psíquicas para o desenvolvemento da actividade profesional de socorrismo acuático.

Prazo: A data límite de inscrición é o martes 14 ás 14:00 h.

 

 

ANUNCIO

O Concello de Muros anuncia a convocatoria para contratación temporal de dun profesor de canto para a escola de Musica do Concello de Muros

O sistema de selección dos aspirantes será de concurso- oposición.

Os interesados/as en participar no proceso selectivo deberán facelo constar mediante instancia dirixida á Alcaldesa do Concello de Muros xunto coa documentación que establecen as bases.

O prazo para a presentación de instancias remata o día 3 de febreiro de 2017.

 

Anuncio - Bases - Modelo solicitude -

Acta 1 - Acta 2 - Acta 3

 


TEATRO

SARABELA TEATRO

 “NORMAS PARA SABER VIVIR NA SOCIEDADE ACTUAL”

SÁBADO 11, 21:30 h.
CENTRO CULTURAL DE MUROS

Premio Cultura Galega das Artes Escénicas 2016

Dirección: Ánxeles Cuña | Elenco: Fina Calleja, Sabela Gago, Elena Seijo, Fernando Dacosta e Vadzim Yukhnevich.

Incluído na Rede Galega de Teatros e Auditorios
Entradas 3,50 euros.
Reserva e venda anticipada nas oficinas do centro cultural de Muros.

 

 

ANUNCIO

O Concello de Muros comunica o remate do proxecto “Elaboración dunha estratexia de sustentebilidade municipal: Plan de Actuación Municipal fronte ao risco de incendios forestais no Concello de Muros”, que foi realizado a través dunha axuda solicitada á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio ao abeiro da orde do 26 de abril de 2016 (DOG nº 84, do 3 de maio), para a asistencia técnica na elaboración de estratexias de sustentabilidade ambiental coa finalidade de integrar a adaptación ao cambio climático na xestión e planificación públicas. O proxecto estivo cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo FEDER-Galicia 2014-2020. O obxectivo temático foi o nº 5 “Frear o cambio climático”.

[Memoria xustificativa] - [Cartel]

 

 
NOTA INFORMATIVA

EXAMES LIBRES PARA AS TITULACIÓNS DE MARIÑEIRO PESCADOR, PATRÓN LOCAL DE PESCA E PATRÓN COSTEIRO POLIVALENTE

A Consellería do Mar vén de convocar os exames ordinarios de carácter libre (non é preciso realizar un curso previo) para as titulacións de mariñeiro pescador, patrón local de pesca e patrón costeiro polivalente.

A convocatoria e a documentación que precisa para concorrer a estas probas está publicada na web da Consellería, no seguinte enlace: http://mar.xunta.gal

Os exames teóricos e prácticos realizaranse nos seguintes centros: Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico, en Vigo; Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira e o prazo para matricularse en calquera dos exames vai do 30 de xaneiro ao 20 de febreiro.

Máis información: na web [http://mar.xunta.gal]
Ou contactar coa orientadora laboral
Curro da Praza nº 1 (Muros)
Teléfono: 981 826 050, ext 101
Atención ó público: Luns e martes

[NOTA INFORMATIVA]

 

 

COMEDIA MUSICAL FAMILIAR

REDRUM PRODUCIÓNS

“A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR”

SÁBADO,  4 DE FEBREIRO, 18:00 H.
CENTRO CULTURAL DE MUROS

Elenco: Laura Míguez, a Nena, Guillermo Carbajo, Xeadeiro, Carlos Álvarez-Ossorio, Profesor Sorsor.

Espectáculo incluído na RGTA da AGADIC.
Entradas, 2,50 €
Reserva e venda anticipada nas oficinas do centro cultural e xuvenil de Muros.

 

 

ENTROIDO 2017
CONCURSO DE COMPARSAS
Domingo 26 de febreiro

 

As comparsas deberán de estar formadas por un mínimo de 5 persoas. Establécense dúas categorías: grupos, de 5 a 14 persoas e comparsas, a partir de 15 persoas.

As inscricións das mesmas farase no Centro Cultural e Xuvenil de Muros, ou a través do teléfono 981762294, dende o día 30 de xaneiro ata o 24 de febreiro ás 14:00 horas

Premios:

Categoría GRUPOS

 

Categoría COMPARSAS

1º PREMIO

500 €

 

1º PREMIO

1.500 €

2º PREMIO

250 €

 

2º PREMIO

700 €

3º PREMIO

125 €

 

3º PREMIO

300 €

 

 

 

4º PREMIO

150 €

[CARTEL] - [BASES] - [FICHA DE INSCRICIÓN]

 

 

 

NOTA INFORMATIVA

Desde o departamento de Medio Ambiente do Concello de Muros queremos informarlles de que no DOG nº. 8, publicado o 12 de xaneiro de 2017, saen as bases reguladoras para a concesión axudas para acción silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios… que convoca a Consellería do Medio Rural.

As dúas liñas de axuda obxecto de subvención, que se corresponden co procedemento MR605A, son as seguintes:

Liña I: axudas para realizar prácticas preventivas, de carácter local e a pequena escala, que permitan crear descontinuidades verticais e horizontais da cuberta vexetal e o control selectivo de combustible, como son rozas, desmestas, rareos e podas, coa finalidade de prevención de incendios.

Liña II: axudas para realizar tratamentos silvícolas (rareos, desmestas, podas, cortas de formación, rozas, etc.) e plantacións puntuais de determinadas árbores, directamente vinculados ao incremento dos valores ecolóxicos dos bosques.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación das solicitudes será de corenta e cinco días, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG (é dicir, desde o 12 de xaneiro de 2017).

[NOTA INFORMATIVA] - [DOG nº. 8]

 

 

NOTA INFORMATIVA

O concello de Muros informa  de que a Deputación da Coruña ven de publicar o PEL (Plan de Emprego Local) que recolle dúas liñas de actuación:

  • Axudas para o fomento da iniciativa empresarial entre xóvenes emprendedores: Dirixidas a mozos e mozas de entre 25 e 35 anos empadroados en concellos da provincia que promovan iniciativas empresariais de nova creación no ámbito provincial, tanto persoas físicas coma xurídicas. As axudas cubrirán investimentos de ata 40.000 euros (excluído o IVE), dos cales o 50% como máximo poderá ser subvencionado pola Deputación. Os gastos subvencionables son os relacionados con aplicacións informáticas, maquinaria, utillaxe necesario para a realización da actividade, mobiliario e equipos para o proceso de información. Na valoración das solicitudes, teranse en conta entre outros aspectos,  o carácter innovador da empresa, o sector profesional (con relevancia para o ámbito do medio ambiente, as enerxías renovables e empresas con base tecnolóxica, así como aquelas que apliquen medidas de responsabilidade social empresarial)
  • Apoio ás empresas para a creación ou ampliación do seu cadro de persoal, mediante a contratación laboral de persoas en situación de desemprego. A axuda cubre o 75% dos custos salariais totais da persoa traballadora incluídas as cotas á Seguridade Social, non sendo subvencionables outros conceptos derivados da contratación. As persoas a contratar deberán estar empadroadas en calquera dos municipios da provincia da Coruña, estar en situación de desemprego no momento da contratación e inscrita como demandante de emprego no servizo público de emprego correspondente, non ter mantido unha relación laboral coa empresa beneficiaria da subvención dentro dos 3 meses anteriores á data de contratación obxecto de solicitude da subvención, non ter relación de parentesco coa persoa empregadora e non ostentar cargos de dirección ou ser membros dos órganos de administración das entidades beneficiarias.

As bases de ambas liñas de subvención poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia (BOP nº 10 de 16 de xaneiro de 2017). O prazo de presentación de solicitudes para concorrer a estas dúas axudas, determinarase no anuncio da publicación da convocatoria da subvención no Boletín Oficial da Provincia.

 

 

NOTA INFORMATIVA

RECOÑECEMENTO COMPETENCIAS PROFESIONAIS CONVOCATORIA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

O Concello de Muros informa que, a Xunta de Galicia a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria publicou unha orde no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 19 de xaneiro de 2017 pola que se realiza a convocatoria pública do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais. Convocadas unidades de competencia das cualificacións profesionais de:

 - Atención sociosanitaria a persoas no domicilio SSC089_2
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais SSC320_2
- Servizos para o control de pragas SEA028_2
- Xestión de servizos para o control de organismos nocivos SEA251_3
- Socorrismo en espazos acuáticos naturais AFD340_2
- Socorrismo en instalacións acuáticas AFD096_2
 - Extinción de incendios e salvamento SEA129_2
- Tanatopraxia SAN491_3
- Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural SEA898_2

Prazo: Do 20 de xaneiro ó 20 de febreiro (inclusive) para as unidades de competencia de todas as cualificacións profesionais salvo a de Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural SEA595_2 que ten de prazo do 1 ó 31 de marzo (inclusive).

[NOTA INFORMATIVA] 

 

ANUNCIO

PROCESO DE ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS

O concello de Muros informa de que a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publicou unha orde no Diario Oficial de Galicia do 12 de xaneiro, pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, de distintas familias profesionais: [+ información]

Prazo: Dende o 12 de xaneiro ó 3 de febreiro de 2017, ambos os dous incluídos

MÁIS INFORMACIÓN:

Enlace á orde do DOG:
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170112/AnuncioG0164-281216-0003_gl.pdf

Ou contactar coa orientadora laboral
Curro da Praza nº 1 (Muros)
Teléfono: 981 826 050, ext 101
Atención ó público: Luns e martes  

 

TEATRO

TEATRO DO MORCEGO

“O LAZARIÑO DE TORMES”

SÁBADO 21 DE XANEIRO, 21:30 H.
CENTRO CULTURAL DE MUROS

Comedia protagonizada por Celso Parada

As entradas xa están a venda nas oficinas do centro cultural, ao prezo de 3,50 euros.

 

PREMIOS

"Acendendo o Nadal"

A entrega de Premios será  o vindeiro Martes 17 de Xaneiro de 2017, as 12:30h  no salón de Plenos do Concello polo que convocamos aos premiados e participantes á asistencia da entrega.

Fará entrega dos premios Mª Xosé Alfonso Torres, Alacaldesa   do Concello de Muros

Categorias e premios

Escaparates de establecementos:
1º premio de 300€, 2º premio de 150€, 3º premio de 75€
Exterior de establecementos:
1º premio de 300€, 2º premio de 150€, 3º premio de 75€
Exterior de vivendas particulares:
1º premio de 300€, 2º premio de 150€, 3º premio de 75€
Rúas, espazos ou edificios públicos para asociación ou agrupacións de establecementos ou particulares:
1º premio de 500€, 2º premio de 300€, 3º premio de 150€

[BASES] - [RELACIÓN DE PREMIADOS]

 

ESPECTÁCULO TEATRAL MUSICAL

REDRUM TEATRO

“ROEDORES”

SÁBADO 14, 18:00 HORAS
CENTRO CULTURAL DE MUROS

Entrada 2,50 €
Reserva e venda anticipada nas oficinas do Centro cultural de Muros

 


Charla informativa
sobre a reciclaxe de aceite vexetal usado
“Reciclar no mercado”

Venres 13 de xaneiro, ás 11.00 h, no Mercado Municipal

O Concello de Muros, no marco do Concurso “Reciclar non mercado” no que se premia o bo comportamento ambiental das persoas que participan na reciclaxe do aceite vexetal usado, organiza unha charla informativa sobre a problemática da vertedura do aceite e o destino que terá o aceite usado, por parte da empresa que realiza as tarefas de recollida deste.

[CARTEL]

 

 

PROGRAMACIÓN DE NADAL
DO 3 AO 5 DE XANEIRO

MARTES 3 DE XANEIRO. 18:00 H.
CINE
 “O soño dunha noite de San Xoán”
Centro cultural e xuvenil de Muros

MÉRCORES 4 DE XANEIRO. 18:00 H.
CINE
“O Espírito do Bosque”
Centro cultural e xuvenil de Muros

XOVES 5 DE XANEIRO.
LI CABALGADA DE MUROS. 17:00 H. Saída de Laxeiras
Organiza: Asociación FOULEADA de Muros

 


OMIC Concello de Muros

Dende a Oficina Municipal de Información ao Consumidor, facilitamos a información e asesoramento para os afectados de “Clausula Chan”.

Polo que deixamos a vosa disposición o seguinte información e enlace.

Sesión informativa

que pasos podes seguir se a túa HIPOTECA incorpora unha cláusula chan?

Lugar: Instituto Galego de Consumo - Santiago de Compostela
Día: Martes, 3 de xaneiro de 2017
Hora: 12.30

PDF, info charla / Instituto Galego de Consumo, “ Clausula Chan”

 

 

PROGRAMACIÓN DE NADAL
DO 22 AO 30 DE DECEMBRO

XOVES 22 DE DECEMBRO. 17:00 H.
A ILLA D@S NEN@S
“Divermaxia”
Casa da Sociedade de Esteiro

XOVES 22 DE DECEMBRO. 19:00 H.
A ILLA D@S NEN@S “A Maxia de Nadal”
Centro cultural e xuvenil de Muros

MARTES 27 DE DECEMBRO. 18:00 H.
CINE
 “Noite de Paz? HOLY NIGT!”,
Centro cultural e xuvenil de Muros

MÉRCORES 28 DE DECEMBRO. 18:00 H.
CINE
 “O bosque animado”,
Centro cultural e xuvenil de Muros

XOVES 29 DE DECEMBRO. 18:00 H.
TEATRO con Títeres de luva e variña
INACIO VILARIÑO
 “O castiñeiro do Apalpador”
Centro cultural e xuvenil de Muros
Rede de Dinamización Lingüística – Entrada de balde

VENRES 30 DE DECEMBRO. 21:30 H.
TEATRO
REDRUM TEATRO
 “Noiteboa”,
Centro cultural e xuvenil de Muros

 

CONCURSO

"Acendendo o Nadal"

Concurso para dotar de colorido e vistosidade as nosas rúas, casas e establecementos.

Poderán participar todas aquelas persoas propietarias ou inquilinas dunha vivenda ou establecemento, asociacións, clubs e colectivos de calquera índole radicados no Concello de Muros.

Categorias e premios

Escaparates de establecementos:
1º premio de 300€, 2º premio de 150€, 3º premio de 75€
Exterior de establecementos:
1º premio de 300€, 2º premio de 150€, 3º premio de 75€
Exterior de vivendas particulares:
1º premio de 300€, 2º premio de 150€, 3º premio de 75€
Rúas, espazos ou edificios públicos para asociación ou agrupacións de establecementos ou particulares:
1º premio de 500€, 2º premio de 300€, 3º premio de 150€

A data límite para inscribirse será o día
30 de decembro de 2016

[VER CARTEL] - [BASES] - [MODELO SOLICITUDE]

 

 

ACTIVIDADES
15, 16 E 17 DE DECEMBRO

CONCERTO DE NADAL DA ESCOLA DE MÚSICA DE MUROS
XOVES 15 DE DECEMBRO. 18:00 H.
Intérpretes: ALUMNOS/AS DA ESCOLA DE MÚSICA DE MUROS
CENTRO CULTURAL DE MUROS
Concerto didáctico. Entrada de balde

MERCADIÑO SOLIDARIO, A PRO DE CÁRITAS
VENRES 16 DE DECEMBRO. DE 10:30 A 13:00 H.
Participan: ALUMNOS/AS DOS CENTROS DE ENSINO DE MUROS, OBRADOIROS DE ARTE FLORAL DE MUROS e CENTRO OCUPACIONAL DE VALADARES.
MERCADO DE MUROS
Tamén con punto de recollida de alimentos

TEATRO “OS SOÑOS NA GAIOLA”,
TÍTERES ALAKRÁN
SÁBADO 17 DE DECEMBRO. 18:00  H
CENTRO CULTURAL DE MUROS
Espectáculo incluído na Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Entrada 2,50 €.

 

ANUNCIO

O Concello de Muros anuncia a convocatoria do proceso de selección dun monitor socorrista para a piscina municipal mediante contrato de duración determinada.

Para participar neste proceso selectivo, deberase presentar a solicitude xunto coa documentación requirida nas bases no rexistro do Concello.

O prazo para presentación de solicitudes rematará o día 23 de novembro de 2016.

Anuncio - Bases - Modelo solicitude

Acta 1 - Acta 2 - Acta 3 - Acta 4 -

Acta 5

 

ACTIVIDADE

Dálle luz á túa factura

O programa Dálle luz á túa factura pretende facilitar os coñecementos básicos necesarios para comprender a factura eléctrica, para adoitar medidas de aforro no gasto eléctrico e para realizar unha reclamación nos distintos supostos que se poidan presentar en relación á contratación dos servizos prestados polas compañías eléctricas.

Contidos

  • Mercado regulado/mercado libre
  • Comercializadoras de referencia
  • Conceptos básicos: potencia eléctrica, ICP, CUPS, etc
  • Tipos de tarifas
  • Tipos de contadores
  • Medidas de aforro

MARTES, 20 DE DECEMBRO ÁS 16:00
EN SEL

Anímate a participar... Sorprenderache todo o que aínda non sabes sobre o consumo responsable!!!!!!!!!!!!

[VER CARTEL]

 

ANUNCIO

O CONCELLO DE MUROS PON EN MARCHA UN NOVO SERVIZO DE RECOLLIDA PORTA A PORTA DE RAEEs

residuos de aparellos eléctricos e electrónicos

AVISANDO PREVIAMENTE AO CONCELLO
TELÉFONO: 981826050

Chame, indíquenos o seu enderezo e recolleremos os seus RAEEs na súa casa.

[ver cartel]

 

TEATRO

FANTOCHES BAJ

“OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE”

SÁBADO 10 DE DECEMBRO, ÁS 21:30 H
CENTRO CULTURAL DE MUROS

FARSA CÓMICA
Texto e deseño escenográfico: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Actores-manipuladores: Inacio Vilariño, Luchi Iglesias, Tero Rodríguez e Lucho Penabade

Incluída na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios
Entrada 3,50 €
Reserva e venda anticipada nas oficinas do Centro cultural de Muros

 

CONCURSO

RECICLAXE DE ACEITE VEXETAL USADO

"Reciclar no mercado"

Desde o 21 de novembro de 2016 ata o 31 de xaneiro de 2017

  • Recolle o teu aceite de cociña.
  • Achégate a calquera dos postos do Mercado para rexistrar a cantidade entregada.
  • Baléirao no colector que hai no mercado municipal.

Protexer o medio ambiente ten premio!

[ver cartel]

 

PROGRAMACIÓN DE TEATRO E CINE
DECEMBRO 2016

Data

Hora

Compañía

Espectáculo

03-12-2016


21:30

Carlos Blanco e Luis Davila

Menú da fala

10-12-2016


21:30

Fantoche Baj

Os vellos non deben namorarse

17-12-2016


18:00


Títeres Alakrán

Os soños na gaiola

22-12-2016


19:00

A Illa dos nen@s

Maxia de Nadal

27-12-2016


18:00


CINE

Noche de Paz?

28-12-2016


18:00

CINE

O bosque animado

30-12-2016


21:30

Redrum teatro

Noiteboa

NORMAS QUE HAI QUE SEGUIR NOS ESPECTÁCULOS

 

ANUNCIO

O concello de Muros informa que, dende o mes de novembro, conta cunha técnica de orientación laboral. Este servizo, compartido co concello de Outes está financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria así como por ambas entidades municipais. A súa finalidade é a de atender á cidadanía, prioritariamente ás persoas desempregadas, nos temas relativos a emprego e/ou formación. Desta maneira, aquelas persoas interesadas en realizar un currículum, informarse sobre accións formativas, o recoñecemento da experiencia profesional, etc, poden achegarse ó edificio do Concello ou contactar ca orientadora laboral no 981 826 050 os luns e martes en horario de 08:30 a 14:30 h

 

TEATRO.CONTACONTOS

A Central Folque

“OS CONTOS DE JOSELÍN”

SÁBADO, DÍA 19, ÁS 21:30
CENTRO CULTURAL DE MUROS

Contadores -e cantadores- Quico Cadaval, e Celso F. Sanmartín.
Baseado no libro Os contos de Joselín. Primeiros documentos sonoros do teatro galego (1929-1954). Contacontos-Teatro. Comedia

Entradas, 3,50 €, xa a venda nas oficinas do centro cultural.
Espectáculo incluído na Rede Galega de teatros e auditorios.

 

TEATRO-MAXIA

A Illa d@s nen@s

“Uxío no país de Patadecabra”

SÁBADO, 12 DE NOBEMBRO, 18:0 H.
CENTRO CULTURAL DE MUROS

Espectáculo inscrito na Rede Galega de Teatros e Auditorios.

 

ANUNCIO

O Concello de Muros comunica o remate da execución d a obra  “Mellora do acceso aos agros do laranxal en San Xián, parroquia de Torea” , que foi executada  a través dunha axuda solicitada a AGADER dentro do  plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias 2016 financiado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do PDR de Galicia 2014-2020

cartel de obra.pdf

 

ANUNCIO

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE AXUDAS DE GASTOS FARMACÉUTICOS  2016/2017

OBXECTO DA CONVOCATORIA.

O concello de Muros convoca subvencións para o desenvolvemento de programas que teñan por finalidade a concesión de axudas económicas a familias con menores a cargo para a compensación dos seus gastos farmacéuticos, o abeiro da ORDE do 12 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións que desenvolverán as corporacións locais para a posta en marcha de programas de axudas económicas a familias con menores a cargo para a compensación dos seus gastos farmacéuticos, e se procede á súa convocatoria para os anos 2016 e 2017.

O programa consistirá na xestión de axudas económicas ao cofinanciamento do 40 % dos medicamentos financiados polo Sistema nacional de saúde e prescritos a través de receita a familias con menores a cargo que atravesan dificultades económicas que estean empadroadas no  termo municipal.

[BASES]

 

TEATRO

Contraproducións

“O Tolleito de Inishmaan”

SÁBADO, 22 DE OUTUBRO, 21:30 H.
CENTRO CULTURAL DE MUROS

Dirección: Cándido Pazó
Elenco: Evaristo Calvo, Ana Santos, Ricardo de Barreiro, María Roja, Luis Iglesia, Santi Romay, Marcos Pereiro e Susana Dans.

Espectáculo inscrito na Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Entradas 3,50 €, xa están a venda nas oficinas do centro cultural.

 

TEATRO

COMPAÑÍA PÉREZ&FERNÁNDEZ

“O PODER DE AMABEL”

SÁBADO, 15 DE OUTUBRO, 18:00 H.
CENTRO CULTURAL DE MUROS

Espectáculo inscrito na Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Público familiar, preferentemente a partir de 5 anos
Entradas 2,50 €, xa están a venda nas oficinas do centro cultural.

 

ANUNCIO

O Concello de Muros anuncia a convocatoria para contratación temporal de monitores para AS ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN, INICIACIÓN A EXPRESIÓNS ARTÍSTICAS, PREDEPORTE E INICIACIÓN DEPORTIVA.

O sistema de selección dos aspirantes será de concurso de méritos e proba práctica.

Os interesados/as en participar no proceso selectivo deberán facelo constar mediante instancia dirixida á Alcaldesa do Concello de Muros, xunto coa documentación que establecen as bases.

O prazo para a presentación de instancias remata o día 3 de outubro as 14:00 horas.

[ANUNCIO] - [BASES] - [MODELO] - [ACTA 1] - [ACTA 2] - [ACTA 3]

 

ANUNCIO

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O ENSINO E O TRANSPORTE DO CONCELLO DE MUROS 2016/2017

OBXECTO DA CONVOCATORIA.

É obxecto da presente convocatoria de axudas favorecer a escolarización pública e formación universitaria a familias con menos recursos económicos do Concello de Muros.

[BASES]

 

ANUNCIO

O Concello de Muros anuncia a convocatoria para contratar servizos para impartir  os Obradoiros culturais que seguidamente se relacionan,  mediante contrato menor:

Obradoiro de teatro en Muros, para grupo infantil e de adultos, as clases impartiranse no Auditorio do Centro Cultural de Muros, os mércores, de 18:30 a 21:30 horas. Dende outubro a xuño, incluídos.

Obradoiro de traballos manuais, as clases impartiranse no centro de San Xosé, Muros, os luns de 15:30 a 18:30 horas. No Areal, Esteiro, os luns de 19:00 a 21:00 horas. No centro sociocultural de Louro, os mércores de 16:00 a 18:00 h.  No Pozo do Cachón, Serres, os xoves de 16:30 a 18:30 h. En Trasdacosta, Esteiro, os xoves de 19:00 a 21:00 h. Dende outubro a maio, incluídos.

Obradoiro de costura en Muros,  as clases impartiranse no centro de San Xosé, Muros, os martes, de 17:30 a 21:30 horas. Dende outubro a maio, incluídos.

Obradoiro de bailes de salón, as clases impartiranse no centro sociocultural de Louro os sábados de 19:00 a 20:00 h e no Pozo do Cachón os mércores, de 21:00 a 22:00 e os sábados de 17:30 a 18:30 horas. Dende outubro a maio, incluídos.

Obradoiro de arte floral, as clases impartiranse no centro de O Areal, Esteiro, os mércores de 16:00 a 18:00 h. En San Xosé, Muros os venres de 19:00 a 21:00 h. Dende outubro a maio, incluídos.

As empresas interesadas en participar no proceso selectivo deberán facelo constar mediante instancia dirixida á Alcaldesa do Concello de Muros, xunto coa proposta económica e documentación que acredite a súa capacidade para impartir cada actividade.

O prazo para a presentación de instancias remata o día 30 de setembro, ás 10:00 h.

 

OBRADOIROS CULTURAIS
ESCOLAS DEPORTIVAS

OBRADOIROS CULTURAIS – CURSO 2016/17

[Listado de alumnos]

[Horarios]

ESCOLAS DEPORTIVAS – CURSO 2016/17

[Horarios Muros]

[Horarios Esteiro]

 

ANUNCIO

O Concello de Muros anuncia a convocatoria para contratación temporal de dun profesor de guitarra, un profesor de música tradicional, un profesor de violín, un profesor de canto, un profesor de música moderna un profesor de batería para a escola de Musica do Concello de Muros

O sistema de selección dos aspirantes será de concurso- oposición.

Os interesados/as en participar no proceso selectivo deberán facelo constar mediante instancia dirixida á Alcaldesa do Concello de Muros, xunto coa documentación que establecen as bases.

O prazo para a presentación de instancias remata o día 12 de setembro.

[ANUNCIO] - [BASES] - [MODELO SOLICITUDE] - [ACTA 1] - [ACTA 2] - [ACTA 3]

 

ANUNCIO

O Concello de Muros anuncia a convocatoria para contratación temporal de monitores para os obradoiros de bordado e de encaixe.

O sistema de selección dos aspirantes será de concurso de méritos e proba práctica.

Os interesados/as en participar no proceso selectivo deberán facelo constar mediante instancia dirixida á Alcaldesa do Concello de Muros, xunto coa documentación que establecen as bases.

O prazo para a presentación de instancias remata o día 12 de setembro.

[ANUNCIO] - [BASES] - [MODELO SOLICITUDE] - [ACTA 1] - [ACTA 2] - [ACTA 3]

 

 

OBRADOIROS CULTURAIS
ESCOLAS DEPORTIVAS

OBRADOIROS CULTURAIS – CURSO 2016/17

- Esteiro: Arte floral, Traballos manuais, Encaixe e Bordado.

- Tal: Arte floral, Traballos manuais, Encaixe e Bordado.

- Abelleira: Arte floral, Traballos manuais, Encaixe e Bordado.

- Torea: Arte floral, Traballos manuais, Encaixe e Bordado.

- Serres: Arte floral, Traballos manuais, Encaixe, Bordado, Bailes de salón e Baile deportivo infantil.

- Muros: Arte floral, Traballos manuais, Encaixe, Bordado, Costura e Teatro.

- Louro: Arte floral, Traballos manuais, Encaixe, Bordado e Bailes de salón.

ESCOLAS DEPORTIVAS – CURSO 2016/17

- Esteiro: Bádminton, Baloncesto, Body tonic, Fútbol sala, Patinaxe, Predeporte e Ximnasia de mantemento.

- Muros: Baloncesto, Fútbol sala, Patinaxe, Predeporte, Ximnasia e Xadrez.

- Abelleira: Ximnasia de mantemento.

- Tal: Ximnasia de mantemento.

Preinscrición do 01 ao 19 de setembro nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros.

Información CENTRO CULTURAL E XUVENIL DE MUROS. Teléfono 981762294

Colaboran: Excma. Deputación Provincial da Coruña

 

ANUNCIO

O Concello de Muros anuncia a convocatoria da contratación temporal a xornada completa dun/dunha:

Normalizador/a lingüístico/a

(licenciado/a en Filoloxía Galega ou Filoloxía Galego-portuguesa ou Filoloxía Hispánica, subsección de Galego-portugués)

O sistema de selección das persoas aspirantes será de concurso-oposición.

As persoas interesadas en participar no proceso selectivo deberán facelo constar mediante instancia dirixida á Alcaldía do Concello de Muros xunto coa documentación que establecen as bases.

O prazo para a presentación de instancias remata o día 17 de xuño de 2016.

[ANUNCIO] - [BASES] - [MODELO SOLICITUDE]

[ACTA 1] - [ACTA 2] - [Plantilla exame]

[ACTA 3] - [ACTA 4] - [ACTA 5] - [ACTA 6] - [ACTA 7]

 

3 carreira

Ver web
Ampliar información

Facebook. Muros Mira ao Mar Youtube. Muros Mira ao Mar Twitter. Muros Mira ao Mar Wordpress. Muros Mira ao Mar

Concello de Muros - Curro da Plaza s/n - Muros - A Coruña - Tel. 981 826 050