Inicio
Galego
Principal
 

Bienvenida

 Saludo
 Situación
 Como llegar?
Dep. Cultura
 Cultura
 Deporte
 Educación
Historia
 Villa histórica
 Casco histórico
 Escudo
Monumentos
 Petroglifos
 Iglesias
 Capillas
 Convento
 Molino Mareas
 Patrimonio
Naturaleza
 Riqueza natural
 Playas
 Monte Louro
 Isla Creba
Agenda
 Empresas
Contacto

Bienvenida - Saludo

Como alcaldesa do concello de Muros compráceme darlles a benvida ao noso concello a través desta web, unha web que pretende ser unha fiestra aberta á que asomarse para coñecer o noso concello e o que nel acontece pero da que tamén se pretende crear unha ferramenta dinámica con posibilidades de comunicación en ambos os sentidos. Por iso, en breve esta web será remodelada ofrecendo a posibilidade de facer pequenas xestións, consultar expedientes e, en definitiva, avanzar na comunicación que redundará en beneficio para todos e todas.

Dende o goberno municipal de Muros que teño a honra de presidir, quero facer unha chamada á participación de cada veciño/a na importante tarefa de ir mellorando este fermoso concello para que resulte aínda máis atractivo a quen nos visite, pero, sobre todo, para que tamén melloren as condicións de vida das persoas que nel residimos. Neste senso dende o concello atoparán a man tendida e toda a predisposición e harmonía na colaboración coa nosa veciñanza.

Dende aquí quero animar tamén a quen non nos coñeza a que se achegue pois en cada recuncho do noso concello atoparán un lugar onde perderse. Os recursos turísticos cos que contamos son tan variados e numerosos que permiten disfrutar en calquera época do ano. No concello de Muros hai a oportunidade de disfrutar de fermosísimas paisaxes (de costa, de río e de monte), dun variado patrimonio (cultural, natural, histórico , etnográfico,relixioso,…….), de numerosas actividades e eventos ao longo de todo o ano (visitas guiadas polo casco, ao Lic Monte Louro e lagoa de Xalfas e ás estacións de petróglifos, Muros vila de auga e sal, cine e teatro, Carrilanas de Esteiro, Castelo rock, Muros mira ao mar, multitude de festas patronais e parroquiais, eventos e actividades deportivas terrestres e acuáticas,…..), dunha magnífica gastronomía e, o máis importante, da súa xente que fará que quen nos visite se sinta acollido e sempre queira volver.

Agardo e desexo a páxina do concello de Muros se convirta nun bo lugar de información, comunicación e participación.
Un saúdo.
María Xosé Alfonso Torres, alcaldesa de Muros.

 

 

 




Concello de Muros - Curro da Plaza s/n - Muros - A Coruña - Tel. 981 826 050