Inicio
Galego
Principal
 

Benvida

 Saudo
 Situación
 Como chegar?
Dep. Cultura
 Cultura
 Deporte
 Educación
Historia
 Vila histórica
 Casco histórico
 Escudo
Monumentos
 Petroglifos
 Igrexas
 Capelas
 Convento
 Muiño Mareas
 Patrimonio
Natureza
 Riqueza natural
 Praias
 Monte Louro
 Illa Creba
Axenda
 Empresas
Contacto

Monumentos - Capelas

Subir Santuario da Virxen do Camiño.

Situado no barrio do mesmo nome, localízase esta impresionante construcción pertencente ó estilo gótico, que parece que foi construída non século XV e que acolle unha imaxe da Virxe que, segundo a tradición, chegou por mar e foi encontrada nunha praia veciña. A planta é rectangular e está composta por unha soa nave moi desenvolta no espacio, que se divide en catro tramos por medio de tres arcos apuntados. O exterior destaca polo seu gran tamaño lonxitudinal e a presencia de grosos contrafortes que contribúen a contrarrestar os empuxes das bóvedas e que comparten espacio cuns grandes canzorros de pervivencia románica. Tamén chama a atención que a fachada principal ten apegado un edificio que correspondeu ó antigo Hospital de Lazarados que aquí se ubicou, e o conxunto da obra foi declarado, fai xa algúns anos, Monumento Nacional. Esta edificación tamén funcionou nun tempo como lugar de acollida para os peregrinos que dende Compostela se dirixían a Fisterra.

SubirCapela da Nosa Señora das Angustias.

Esta construída sobre parte da antiga capela de San Pedro, do século X. Actualmente está dentro do recinto do antigo cemiterio.

Foi feita en 1665 e nos seus muros exteriores consérvanse inscricións dos canteiros que traballaron nela.

 

SubirErmita de San Roque.

    Reedificada en 1765 (xa existía, segundo o Cardeal Hoyo, en 1609), considérase fundación popular. Conta cunha dobre escalinata, amplo patio de cantería e nave central e sancristía abovedadas.

 

SubirCapela do Espíritu Santo.

    Situada non camiño de Muros a Louro. A capela é de estilo gótico, consta dunha nave e capela, aquela dividida en tres tramos por dous arcos “fajones” e cuberta con bóveda de canón apuntado.

    Sobre a imaxe que se encontra non seu interior, a tradición di que foi achada na praia e que o carro que a transportaba rompeuse neste lugar, como sinalando o sitio en onde debía serlle erixida a capela.

 

SubirCapela de San Marcos.

    Situada non monte, entre Campo de Cortes e Louro. Ten nave e capela maior rectangular cuberta con bóveda de canón apuntado. Non seu interior existen canecillos de diversas formas (animados, triangulares e de rolo). Na porta da capela aparece inscrita a cifra de 1480, posible data do súa fundación. Actualmente esta restaurada.

Inscripción San Marcos

 

SubirCapela de Santa Cruz.

   Anque na actualidade non se conservan restos da mesma púidose comprobar por medio dunha postal antiga, que era de estilo oxival. Estaba situada a pouca distancia da de San Marcos, e no lugar do seu asentamento existe un cruceiro de gran fuste con escalinata moi alta.

Antigua Capilla de Santa Cruz

Cruceiro Santa Isabel

SubirCapela de Santa Isabel.

Situada non barrio de A Xesta, é de pequenas dimensións e conta, na súa fronte con un belísimo cruceiro.

 

SubirIgrexa da Virxen do Carmen.

    Data de 1767. É de cantería, abovedada e conta con un amplo atrio.

 

SubirErmita de Nosa Señora das Neves.

     Emprazada moi cerca do santuario do a Virxe do Camiño, non barrio deste nome. é de cantería e o seu estilo corresponde ás edificacións do século XVIII. Ó lado da ermida hai unha fonte, coñecida por Fonte Santa, á que acudían os devotos a curar as súas enfermidades.

 

SubirHospital da Trinidade.

   Foi fundado por Diego Rodríguez de Muros. O Concello designaba procurador e administrador. No s. XX (década dos 40) tiña algún pobre, pero na actualidade perdeu a súa condición de hospital. Conta cun pórtico do s. XIX ou finais do XVIII.

Na actualidade está dedicado a Centro Social da Terceira Idade.

SubirIgrexa de San José.Capilla de San Jose

De pequenas dimensións, está situada na rúa do mesmo nome (unha das máis típicas da vila), foi construída en 1727 e, dende fai anos atópase pechada ó publico.


Concello de Muros - Curro da Plaza s/n - Muros - A Coruña - Tel. 981 826 050