Inicio
Galego
Principal
 

Benvida

 Saudo
 Situación
 Como chegar?
Dep. Cultura
 Cultura
 Deporte
 Educación
Historia
 Vila histórica
 Casco histórico
 Escudo
Monumentos
 Petroglifos
 Igrexas
 Capelas
 Convento
 Muiño Mareas
 Patrimonio
Natureza
 Riqueza natural
 Praias
 Monte Louro
 Illa Creba
Axenda
 Empresas
Contacto

Dep. Cultura - Educación

A oficiña Municipal de Información Xuvenil 
  
Está ubicada no Centro Cultural e Xuvenil. En novembro de 1.995, queda inscrita no Rexitro de Oficinas e Puntos de Información Xuvenil, dependente da Dirección Xeral de Xuventude, co número 15-053-SIX-040. Dende ese intre a Oficina establece un
Horario de atención ó público de 9 a 14:30 e de 16:00 a 18:00. Ofrece información sobre actividades de tempo libre, formación, emprego, asociacionismo, saúde, información local... e dende 1.996 tamén é expendedora do Carné Xove.

 

Escola de Música

Conta con dúas sedes, unha en Muros, no Centro "San Xosé", e outra na "Casa da Sociedade" en Esteiro.
As clases impártense do 1 de Outubro ata o 28 de Xuño.

As materias son as seguintes:

- Formación musical - Piano - Frauta traveseira - Guitarra - Teclados - Violín - Viola - Violonchelo - Contrabaixo - Clarinete - Saxofón - Trompeta - Trombón - Tuba - Gaita - Percusión - Música e movemento para nenos (a partir de catro anos)

Actividades
Educación Adultos
As convocatorias realízanse nos meses de outubro e xuño, sendo precisa unha matrícula mínima de 15 alumnos por actividade.
As clases impártense no Centro Cultural e Xuvenil de Muros, sempre en horario de tarde-noite.

Bolsas de axuda ó estudio
Cada ano, normalmente no mes de setembro, convócanse axudas para a escolarización dos nenos de ensino obrigatorio, que se conceden segundo unhas bases aprobadas pola Comisión de Goberno. As axudas consisten nos libros de texto do curso correspondente, e asígnanse ás familias con máis carencias económicas do municipio.
Actividades Escolares
Os responsables do Departamento de Educación, sempre de acordo cos Centros de ensino, programan unha serie de actividades a realizar en colaboración ó longo de cada curso escolar.

 

Centros Educativos

 

Concello de Muros - Curro da Plaza s/n - Muros - A Coruña - Tel. 981 826 050