Inicio
Galego
Principal
 

Benvida

 Saudo
 Situación
 Como chegar?
Dep. Cultura
 Cultura
 Deporte
 Educación
Historia
 Vila histórica
 Casco histórico
 Escudo
Monumentos
 Petroglifos
 Igrexas
 Capelas
 Convento
 Muiño Mareas
 Patrimonio
Natureza
 Riqueza natural
 Praias
 Monte Louro
 Illa Creba
Axenda
 Empresas
Contacto

Natureza - Illa da Creba

Outro lugar capaz de provocar a admiración do viaxeiro é o que está conformado pola illa da Creba en Esteiro. En fronte ó cabo Uhía sitúase esta fermosa illa que comparte espacio con outra próxima, coa illa Vella. Esta é unha formación de singular atractivo na que se desenvolve un frondoso bosque de pinos e na que parece ser que antigamente estivo emprazada unha pequena ermida que foi levantada para homenaxear á Virxe, a onde acudían en romaría multitude de persoas.

As lendas sobre mouros e princesas enfeitizadas tiveron durante moito tempo o seu escenario nesta illa, e nelas asegurábase que coa construcción da ermida quedou definitivamente cristianizado este lugar que foi centro dos embruxos destes personaxes, e que en última instancia provocaron que este anaco de terra se separara do continente.

Outro espacio que resalta nesta mesma parroquia de Esteiro pola súa beleza paisaxística é o que se coñece co nome das Brañas da Pedra do Cadro.

Concello de Muros - Curro da Plaza s/n - Muros - A Coruña - Tel. 981 826 050