Inicio
Galego
Principal
 

Benvida

 Saudo
 Situación
 Como chegar?
Dep. Cultura
 Cultura
 Deporte
 Educación
Historia
 Vila histórica
 Casco histórico
 Escudo
Monumentos
 Petroglifos
 Igrexas
 Capelas
 Convento
 Muiño Mareas
 Patrimonio
Natureza
 Riqueza natural
 Praias
 Monte Louro
 Illa Creba
Axenda
 Empresas
Contacto

Monumentos - Muiño de Marea

Moitos son os muíños que aquí se encontran, anque dunha maneira especial se deben citar os localizados nos lugares de Serres e Torea, por estar en funcionamento ata fai moi poucos anos. Característica común a eles é a estructura de planta rectangular na que se combina a cantería e a cachotería. Pero de calquera maneira, a obra culminante neste sentido sería o Muíño do Pozo do Cachón, situado na parroquia de Serres. Trátase dun muíño de marea construído no primeiro cuarto do século XIX que se comezou a rehabilitar non ano 1990 por iniciativa do Concello da vila e baixo proxecto do arquitecto D. Jesús Anaya Díaz. A súa importancia estriba en que é un dos muíños desta tipoloxía máis grandes de España e as súas instalacións teñen un alto interese etnográfico, artístico e cultural, formando parte da historia local desta terra. A súa planta é rectangular alcanzando un gran desenrolo lonxitudinal, na que se diferencia a zona de muíños propiamente dita e a parte que antigamente estivo dedicada a almacén. Nesta última parte funcionaron a principios de século, por iniciativa de D. Abelardo Dubert, os Baños de Santa Rita, unha casa de baños especializada na curación de enfermidades a base de baños temperados de algas e auga mariña.

Xunto ó edificio do muíño emprendéronse tamén nos últimos anos labores de recuperación da ponte pola que se accede a este edificio. Na actualidade funciona como centro cultural con diversas actividades ó longo do ano, e nun futuro podería albergar o Museo Etnográfico e Histórico de Muros. Nas inmediacións dispónse dunha área recreativa, concibida a maneira de auditorio ó aire libre, que contribúe a resaltar a fermosura e singularidade da obra.

Concello de Muros - Curro da Plaza s/n - Muros - A Coruña - Tel. 981 826 050