Inicio
Galego
Principal
 

Benvida

 Saudo
 Situación
 Como chegar?
Dep. Cultura
 Cultura
 Deporte
 Educación
Historia
 Vila histórica
 Casco histórico
 Escudo
Monumentos
 Petroglifos
 Igrexas
 Capelas
 Convento
 Muiño Mareas
 Patrimonio
Natureza
 Riqueza natural
 Praias
 Monte Louro
 Illa Creba
Axenda
 Empresas
Contacto

Natureza - Monte Louro

Un espacio privilexiado dende o punto de vista paisaxístico é o conformado polo Monte Louro e a Lagoa de Xalfas, que se localiza na parte exterior da vertente norte da ría e que está declarado espacio de interese natural. Ó pé deste monte granítico de orixinal silueta e de 241 m. de altura, sitúanse por un lado o mar en toda a súa inmensidade, e por o outro a antedita lagoa de Xalfas, de gran riqueza biolóxica, que conforma un espacio de uns 200 m. de diámetro cerrado por unha barreira areosa sobre a que se formaron co paso dos anos acumulacións dunares que cortan o paso do río Longarela e separan a lagoa do mar. As diferentes especies de flora e fauna que aquí atopan un hábitat ideal para desenvolverse aumentan o atractivo que xa de por sí ten esta formación, e provocaron que a zona fora declarada Refuxio de Caza.

Con referencia á flora observamos como aquí conviven estrañas especies adaptadas á sequidade e á humidade e entre elas debemos resaltar a presencia da Lilaeopsis Caroliana, por se-la única mostra que atopamos en Galicia desta especie. En canto ás especies faunísticas está comprobado que neste lugar aniñan entre maio exullo especies como o ánade real, a focha común, o zampullín chico o o rascón, ó tempo que escollen este lugar para invernar outras como o porrón común ou a garza real.

Concello de Muros - Curro da Plaza s/n - Muros - A Coruña - Tel. 981 826 050