Inicio
Galego
Principal
 

Benvida

 Saudo
 Situación
 Como chegar?
Dep. Cultura
 Cultura
 Deporte
 Educación
Historia
 Vila histórica
 Casco histórico
 Escudo
Monumentos
 Petroglifos
 Igrexas
 Capelas
 Convento
 Muiño Mareas
 Patrimonio
Natureza
 Riqueza natural
 Praias
 Monte Louro
 Illa Creba
Axenda
 Empresas
Contacto

Monumentos - Patrimonio

No campo do Patrimonio Civil o visitante vaise atopar en Muros con singulares edificacións dedicadas a vivenda que se inclúen dentro do tipo mariñeiro e que están realizadas en boa cantería, participando dun estilo homoxéneo que proporciona ó conxunto do pobo un especial atractivo. Xunto a estes edificios o forasteiro poderá recrearse coa contemplación de múltiples edificacións funcionais que participan do estilo ecléctico e que na súa maior parte atópanse emprazadas na capital municipal.

Unha construcción que a primeira vista engaiola a todo aquel que pase polo su lado é o antigo edificio do Cine París, hoxe abandonado pero que aínda conserva a prestancia de anos pasados. Foi realizado no presente século e xunto co Teatro Mercedes e o antigo edificio de Correos, é un dous mellores exemplos de arquitectura ecléctica con que conta a vila. Na súas fachadas as formas curvas e rectas combínanse harmoniosamente dando lugar a uns exquisitos motivos decorativos.

No lugar onde conflúen as principais arterias interiores do pobo: a rúa Real e a Rúa Axesta, levántase maxestuoso o edificio que alberga o Mercado de Abastos Municipal. Trátase dun impresionante edificio de catro plantas construído con bos sillares pétreos no que se destaca unha monumental escaleira de dobre tramo con balaustrada de cantería coroada con bolas. As dúas portas principais sitúanse na fachada deste edificio que é unha proba da importancia comercial que antigamente tivo esta vila.

Outro dos edificios de interese dentro do patrimonio civil de Muros é a Casa Consistorial. Substituíndo a un edificio anterior, comeza a súa construcción non ano 1958 converténdose nun símbolo dos novos tempos. A obra é proxectada polos arquitectos Antonio Tenreiro Rodríguez e Pelegrín Estellés, que intentan deseñar un edificio que non rompa co entorno. O resultado foi unha construcción de tres plantas que repite no piso baixo o motivo do arco apuntado, con intención de recordarnos o pasado gótico da vila. Os traballos de acondicionamento realizanse relativamente pronto e no ano 1960 inicia a súa andadura como principal centro administrativo deste municipio. Na actualidade estanse facendo obras no seu interior para mellorar tanto as dependencias ad,ministrativas como os accesos a elas. Para completar o paseo polo legado civil de Muros sería convinte visitar outras mostras de singular fermosura que se encontran diseminadas polo termo municipal. Así, non podemos deixar de citar a gran vistosidade do Faro de Louro, o os restos das múltiples fábricas de salazón que non fai moito tempo formaban parte da imaxe deste lugar, e onde compartían espacio coa parte destinada a vivenda, a parte onde se ubicaba a maquinaria e o lugar donde estaban colocados os fosos de saladura. A Casa Caldeirón en Louro, a Casa Anido e Casa Romaní en Serres, son bos exemplos aínda en pé deste peculiar tipo de arquitectura.

Non campo do Patrimonio Popular son moitos os exemplos aquí encadrados que poden atraer a atención de todo aquel que se acerque a Muros, tanto polo seu pintoresquismo como pola calidade deste particular tipo de construccións. O Muros popular é sumamente rico tanto en construccións dedicadas a vivenda de labregos e mariñeiros como noutro tipo de construccións adxectivas que se dispersan harmónicamente polas parroquias. Así son innumerables os exemplos de alpendres, cortes, cabaceiras, lavadoiros, pombais, fontes e muíños.

Concello de Muros - Curro da Plaza s/n - Muros - A Coruña - Tel. 981 826 050