Inicio
Galego
Principal
 

Benvida

 Saudo
 Situación
 Como chegar?
Dep. Cultura
 Cultura
 Deporte
 Educación
Historia
 Vila histórica
 Casco histórico
 Escudo
Monumentos
 Petroglifos
 Igrexas
 Capelas
 Convento
 Muiño Mareas
 Patrimonio
Natureza
 Riqueza natural
 Praias
 Monte Louro
 Illa Creba
Axenda
 Empresas
Contacto

Natureza - Riqueza natural

Unha das riquezas maiores de Muros confórmaa o seu rico patrimonio natural, que se caracteriza pola súa calidade ambiental. O singular atractivo que supón o feito de formar parte dunha zona de ría converte a este territorio nunha das partes máis fermosas do litoral galego. O tramo de costa que neste municipio alcanza uns 25 km. de extensión combínase harmoniosamente coas partes interiores, aportando en conxunto unha diversidade paisaxística digna de admiración. A suavidade das súas múltiples ensenadas combinadas con espacios máis elevados conforman unha terra de contrastes sumamente atractiva á vista de todos aqueles que ata aquí se acerquen. A tonalidade verde dos campos, o branco das praias, o gris dos casaríos e o azul verdoso do marcombínanse para esperta-los sentidos do paseante.

A presencia destas formacións naturais de gran beleza e apacibilidade están provocando que Muros combine o seu carácter mariñeiro cunha funcionalidade eminentemente turística, para o cal a vila tamén se prepara aceleradamente dende o punto de vista das infraestructuras, e así observamos como nos últimos anos, ademais de proliferar os establecementos hosteleiros e extrahoteleiros de tódalas categorías, está en auxe a construcción de vivendas secundarias que se localizan fundamentalmente na parroquia de Louro, sendo as praias as principais protagonistas deste recente auxe turístico.

Concello de Muros - Curro da Plaza s/n - Muros - A Coruña - Tel. 981 826 050