II XORNADAS DE CULTURA MARIÑEIRA
Muros Mira ao Mar Muros
1, 2 e 3 de xullo 2005  

 

O fin de semana do 1 ó 3 de xullo celebráronse na vila de Muros as II XORNADAS DE CULTURA MARIÑEIRA: Muros Mira ao Mar. Cun gran éxito de convocatoria, o Concello xa está a preparar as do vindeiro ano para que tanto muradáns coma visitantes poidan disfrutar novamente das súas actividades.

A Apertura das xornadas tivo lugar o día 1 na carpa situada no porto para tal ocasión. A Alcaldesa Caridad González e o Tenente Alcalde Xoan Manuel Bazarra sinalaron o obxectivo destas xornadas, “gracias ao traballo conxunto de tódos os cidadáns poderemos mostrar o noso orgullo muradán, resaltalo entre nós e explicarlles ós visitantes cales son as nosas orixes, porque somos así, que comprendan o que ven e facelos partícipes das nosas raíces. Porque, en definitiva, dun ou doutro xeito, todos somos fillos do mar.”

O programa de actividades estivo pragado de numerosas actividades para nenos e maiores: exposicións de temática mariñeira, concertos, pasarrúas, degustacións, demostracións de voo de aves rapazes, concentración de embarcacións tradicionais,…entre outras.

Destacou cun grande éxito o Mercado Antigo Mariñeiro situado polo casco antigo da vila. Un mosaico de productos de todo tipo amenizado por diversas actividades conseguiu captar a atención de todos nós.

No porto destacou o barco de vapor “Hidria Segundo” que ensinaba a quen o desexase o seu interior. Tamén agradecer a asociación Albaola chegada dende Trincherpe, no País Vasco, a colaboración prestada.

Tras este éxito de tódolos muradáns o Concello xa ten postas as miras no ano que ven, agradece a súa asistencia a tódos aqueles que se achegaron e invita a repetir ou a descubrir esta experiencia o ano que ven a todos aqueles que o desexen, porque o Muros seguirá Mirando ao Mar.

foto001 foto002 foto003 foto004
foto001.jpg foto002.jpg foto003.jpg foto004.jpg
foto005 foto006 foto007 foto008
foto005.jpg foto006.jpg foto007.jpg foto008.jpg
foto009 foto010 foto011 foto012
foto009.jpg foto010.jpg foto011.jpg foto012.jpg
foto013 foto014 foto015  
foto013.jpg foto014.jpg foto015.jpg