Punto Limpo
Que é?
Para que serve?
Cando podes ir?
Onde está situado?
Que podes levar?
Que NON podes levar?
 
Horarios

Que é un Punto Limpo?
É un recinto situado preto dos núcleos de poboación co obxectivo fundamental de servir aos cidadáns como centro de doazón voluntaria, complementando así a recollida selectiva dos residuos producidos no ámbito domiciliario.

Para que serve un Punto Limpo?
Neste lugar existen colectores específicos para cada tipo de residuo susceptibles de entrar nos circuítos de reutilización e reciclaxe, e para aqueles que polas súas características deberán ser xestionados segundo a lexislación vixente nesta materia, así pois é un centro onde depositar aqueles residuos que non se recollen polas vías normais.
Desta maneira, separando e depositando nos colectores axeitados os diferentes residuos, podemos reciclalos. E así, todos contribuímos a un medio máis limpo.

Os obxectivos son:
- O obxectivo fundamental é servir aos cidadáns como centro de achega voluntaria para a recollida selectiva dos residuos producidos no ámbito domiciliario.
- Sensibilizar aos cidadáns respecto da separación e recuperación dos residuos.
- Evitar o vertido incontrolado dos residuos de gran tamaño (electrodomésticos, mobles, colchóns, ...) que non poden ser eliminados por medio dos servizos convencionais de recollida de lixo.
- Evitar o vertido de entullos e outros no medio natural, rural e urbano, do termo municipal de Muros.
- Separar os residuos perigosos que se xeran nos fogares (aceites, pinturas, fluorescentes, radiografías, ...), cuxa eliminación conxunta co resto do lixo urbano ou mediante o vertido á rede de saneamento supón: risco para os operarios destes servizos, pode danar as instalacións de tratamento ou eliminación e contribúe á contaminación do ambiente.
- Aproveitar aqueles materiais contidos nos residuos urbanos que poden ser reciclados directamente, e conseguir con isto un aforro en materiais e en enerxía, así como tratar e/ou eliminar residuos.

Cando podes ir ó Punto Limpo?
Podemos ir depositar residuos ó Punto Limpo os martes, mércores e venres de 10.00 a 14.00 h., e os sábados de 10.00 a 14.00 h. e de 16.00 a 20.00 h.

Onde está situado?
Está situado en As Lombas do Pedreiro, en Serres. A forma máis sinxela de chegar e indo por detrás do Instituto As Insuas.

Que podes levar?
Residuos admisibles:
A) Comúns:

  • Vidro.
  • Papel.
  • Cartón.
  • “Bricks”, latas, envases lixeiros.
  • Poda e restos vexetais.
  • Restos metálicos do fogar: tixolas, potas, ... (aluminio, ferro, cobre, bronce, aceiro inoxidable, ...).
  • Plásticos.
  • Plásticos agrícolas.
  • Téxtiles: roupa, calzado, ....
B) Voluminosos:
  • Electrodomésticos sen gas CFC: lavadoras, cociñas, quentadores de auga, aparatos de música, ....
  • Utensilios, mobles, colchóns, somieres, portas e marcos, ....
  • Entullos de pequenas obras no fogar.
Ampliar

C) Tóxicos e perigosos:

  • Aceites vexetais de cociña e aceites minerais.
  • Baterías.
  • Disolventes, pinturas e vernices.
  • Pilas.
  • Sprays / aerosois.
  • Radiografías.
  • Fluorescentes.
  • Electrodomésticos con gas CFC: frigoríficos e conxeladores.
  • Televisores e pantallas de ordenadores.
  • Cartuchos de fotocopiadora e impresora.

Que NON podes levar?
Residuos non admisibles:

  • Materiais sen clasificar.
  • Materia orgánica.
  • Residuos infecciosos, clínicos, biosanitarios ou cotilóxicos.
  • Residuos radioactivos (pararraios,...).
  • Residuos procedentes da actividade comercial ou industrial
  • Residuos procedentes de actividades agrícolas ou gandeiros.
  • Residuos xerados por actividades mineiras ou extractivas.
  • Produtos procedentes de decomisados.
  • Pneumáticos.
  • Medicamentos ou envases dos mesmos.
  • Recipientes voluminosos metálicos ou plásticos de aproximadamente 25 litros ou superiores que contivesen produtos tóxicos ou perigosos.
  • Animais mortos: a pesar de seren considerados como residuo urbano, os animais de compañía mortos réxense especificamente pola normativa existente en materia de Subprodutos Animais non destinados ao consumo humano Regulamento (CE) 1774/2002 do Parlamento Europeo e do Consello, do 3 de outubro de 2002, polo que se establecen as normas sanitarias aplicables ós subprodutos animais non destinados ao consumo humano.
  • Calquera outro residuo que non se enumere na lista de recursos admisibles, e que sexa facilmente identificable.
Pedímoslles un pequeno esforzo para que na súa casa se faga unha correcta separación do lixo: papel-cartón (contedor azul), vidro (iglú verde), orgánico (contedor pequenos de tapa verde), inorgánico ou resto (contedor grande de tapa amarela) e pilas (contedor amarelo pequeno). Asemade, recordarlles que para o servizo de recollida de mobles e enseres deberase chamar de luns a venres en horario de 11:00 a 13:00 ao móbil do Complexo Medioambiental do Barbanza (Lousame): 639107638.
www.muros.es